Saturday 11 de May de 2024

O Concello de Vimianzo anuncia a suspensión das actividades culturais e deportivas a causa do coronavirus


  • Desde o Concello recoméndase tan só acudir ás oficinas municipais no caso de tramitación urxente.

O Concello de Vimianzo anuncia a suspensión das actividades municipais tanto culturais como deportivas a causa da problemática do coronavirus. Desde o Concello recoméndase tan só acudir ás dependencias municipais no caso de ter que realizar algunha tramitación urxente.

O prazo será revisable, aínda que en primeiro termo seguiranse as indicacións da Xunta de Galicia e o fará durante 14 días, sendo este un prazo revisable. Desde o Consistorio anúnciase que se estará en constante comunicación coas entidades competentes en materia de sanidade para analizar o contexto e valorar a situación.

Polo de agora, estarán pechados todos os recintos deportivos, así como auditorio e centro social. Tamén se anuncia a suspensión das feiras e mercados ao aire libre e se aconsella evitar as aglomeracións e seguir as instrucións facilitadas polo Ministerio de Sanidade.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quere facer unha “chamada á calma, xa que estamos ante unha situación de risco pero imos facer todo o posible para minimizar o seu impacto. Desde o Concello queremos pedir a colaboración ás nosas veciñas e veciños e agardamos que os prazos desta serie de medidas sexan o máis breve posibles”, sinalaba a rexedora.